O BNG anima a consumir no comercio ribeirense

28 Decembro 2023

O BNG ribeirense iniciou unha campaña de apoio ao comercio local baixo o lema Mellor local, mellor galego, coa que procura concienciar á poboación sobre a importancia de realizar as compras nos negocios da localidade.

O responsábel local da formación, Rafael Pazos, fixo un chamamento a consumir no comercio de proximidade nestas datas de grandes compras pero tamén o resto do ano porque “consumir produtos galegos, xera riqueza e emprego e reforza o comercio sustentable”. Pazos considera que “consumindo nos negocios locais favorécese a dinamización económica da nosa contorna, axúdase a persoas próximas e obtéñense produtos a bo prezo e de calidade.

Pola súa banda, o alcalde, Luís Pérez Barral, avanzou que se vai seguir impulsando este sector “gravemente afectado pola inflación e a crise de prezos” e puxo en valor “o bono comercio por ser unha iniciativa proposta polo BNG que contou co aval do sector comercial”. Grazas a esta medida, engadiu, beneficiáronse máis de 3.300 persoas e xera un impacto económico superior aos 300.000€ nos comercios da localidade. Segundo o rexedor, están recibindo moitos comentarios positivos por termos impulsado unha medida como esta, por iso aclarou que “imos seguir nesta liña de traballo”.

A campaña de apoio ao comercio local do BNG inclúe outras propostas como a necesidade de promover unha nova Lei do comercio local para regular horarios ou tempadas de rebaixas porque “a lexislación do Partido Popular está feita á medida dos grandes establecementos en detrimento do comercio ao por menor que é o que realmente lle dá vida ás rúas das vilas e aldeas”.

Os nacionalistas tamén puxeron en valor a colaboración entre o Concello de Ribeira e a Universidade de Santiago grazas á cal deuse forma a un selo de calidade que identifica a orixe e a sustentabilidade dos produtos pesqueiros e marisqueiros. Por último tamén avanzaron que tratarán de impulsar a formación para hostaleiros e comerciantes dándolles resposta ás demandas do sector.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.