O Auditorio de Rianxo achega unha manchea de concertos de Nadal neste mes de decembro

05 Decembro 2023

O Auditorio de Rianxo vai ser un dos grandes centros de celebración do Nadal neste final de decembro. A axenda, segundo confirmou a Área de Cultura municipal, virá cargada de propostas de estilos variados pero todas elas marcadas polas festas sinaladas deste remate do ano.

Comeza este 9 de decembro ás 20.00 horas co Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo e prosegue o da 16 ás 19.30 horas coa Mostra de Corais que organiza a Coral Abraia.

As actividades no Auditorio proseguen o 17 de decembro co Festival de Nadal de Vai de Roda, a partir das 18.00 horas.

A música volverá o 22 de decembro co Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo I (ás 19.30 horas), que terá unha segunda parte ao día seguinte, 23, entre as 10.00 e as 18.00 horas. A axenda remata o 29 cun concerto de Nadal da Escola de Música de Rianxo e Brincadeira (ás 20.00 horas).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.