Na Pobra alarmante preocupación veciñal pola instalación dun crematorio preto de colexios e zona urbana

28 Decembro 2023

Veciños de Pobra amosaron a súa preocupación pola pretensión de instalar un forno crematorio no actual Tanatorio no lugar Virxe do Monte. A empresa propietaria do mesmo, presentou unha solicitude de instalación ente o concello pobrense.

Os veciños, que están a recoller sinaturas, amosan a súa discrepancia xa que o mesmo estaría instalado a menos de vinte metros do Colexio de Educación Infantil MonteCarmelo e do Centro de FP Divino Maestro así como a uns 30 metros das parcelas dos veciños, nun dos núcleos históricos de A Pobra, entorno protexido por Patrimonio Histórico e Cultural, con pazos como o Couto e a Casa Grande de Aguiar do século XVI.

O crematorio tería unha chimenea de caseque once metros en plena zona verde, nunha zona utilizada como de recreo coñecida como Campo da Feira, zona tamén afectada por Patrimonio.

Segundo denuncian os veciños as instalacións donde se quere instalar o crematorio, non reúnen os requisitos establecidos pola lei nesa materia ademais, din, pretendese construir nunha edificación que se fixo non seu dia de xeito ilegal e que non se pode modificar nin utilizar para ningún novo uso que non sexa garaxe.

Ase mesmo indican nun comunicado, que se trata dunha actividade industrial e contaminante tal como aparece recollido no catálogo da Xunta de Galicia CAPCA 2010, polo que os veciños manifestan que a súa ubicacion no lugar do Virxe do Monte non sería correcta e incluso sería prexudicial para os nenos e nenas de 3 a 6 anos, e os estudantes do FP e do profesorado e persoal dos centros que a diario terían que convivir coas emisións da chimenea, que sería colocada o lado do patio escolar, unha instalación que afirman organismos nacionais e europeos consideran son contaminantes e prexudiciais para a saúde sobre toda á infancia e a colectivos vulnerables.

Os veciños presentaron ante o concello probrense un informe técnico feito por un especiailista na materia, con argumentos legais no que se recolle que a instalación é inviable nesa ubicación, polo que coma acontece noutras zonas, debería instalarse en polígonos industriais como se fixo en Ribeira ubicado en Xarás, ou en Lousame que foi paralizado polos veciños e os tribunais. Tamén en Noia a mesma empresa que pretende instalalo crematorio da Pobra, intentou facelo no centro urbano pero foi paralizado con sentencia xudicial que fallou en favor dos veciños.

A colectividade veciñal non se opón a que A Pobra conte con este servizo, pero piden que se instale no polígono industrial, por iso solicitan que non se autorice a instalación na zona e seguen a recoller sinaturas en apoio da demanda.

Maís información en : Afectados Crematorio Tanatorio Virxe do Monte 

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.