Na Pobra, a campaña da Praza de Abastos Consegue Caramiñas, Comparte Nadal conclúe co sorteo do importe da cea de fin de ano

21 Decembro 2023

A campaña da Praza de Abastos da Pobra Consegue Caramiñas, Comparte Nadal concluíu neste 21 de decembro co segundo dos sorteos: o importe da compra da cea de fin de ano. Se as persoas usuarias do centro día sacaron os boletos premiados da Noiteboa, nesta ocasión a responsabilidade recaeu na directiva da Asociación Amas de Casa.

Dos máis de 30.000 boletos depositados saíron os tres gañadores: un primeiro premio, dotado de 600 euros; un segundo, de 400 euros; e un terceiro, de 200 euros. Seguen o formato de vale/caramiña para trocar por produtos nos postos do mercado municipal.

A este respecto, a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, manifesta que a Administración local impulsou esta acción dirixida en exclusiva á praza de abastos para incentiva-las compras de produto local e pór en valor os profesionais destes postos. Aproveitou a ocasión para enxalza-lo traballo da Asociación Amas de Casa e facerlle entrega de cadanseu obsequio pola súa colaboración na confección de parte de decoración das dependencias como, por exemplo, do Fogar do Nadal, habilitado na oficina de turismo.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.