José Ramón Romero traslada á FEGAMP as necesidades do Concello de Boiro

29 Decembro 2023

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luís Ruiz, mantiveron este venres 29 de decembro unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, para tratar asuntos relacionados coa actualidade das entidades locais e a realidade do Concello. Na reunión abordáronse temas relacionados coa realidade das entidades locais e do seu financiamento e competencias, así como dos últimos cambios normativos e as eivas que presenta o actual sistema para poder ser corrixidas.

O alcalde, José Ramón Romero, trasladou ao presidente da FEGAMP cal é na actualidade a situación do Concello de Boiro, no que se prestan servizos e aténdense demandas que non lle corresponden á Administración local: “Trátase dunha situación que demostra a falta de atención por parte da Xunta de Galicia, que debería manter unha posición ecuánime e respectuosa con todos os concellos”, recoñeceu o alcalde.

Pola súa parte o presidente da FEGAMP trasladou cales eran as actuais liñas de traballo que estaba a ter a institución para acadar obxectivos que beneficien aos concellos. Estas negociacións tratan sobre a realización por parte dos concellos de traballos que lle son impropios así como da asunción de competencias, e da mellora no financiamento destas prestacións.

Durante a xuntanza abordouse tamén a actualidade dos fondos Next Generation e a repercusión que están a ter nas entidades locais ao aportar colaboración para o financiamento de distintos proxectos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...