Hispania Nostra destaca o labor de recuperación do Pazo de Goiáns e sácao da súa Lista Vermella de patrimonio en risco

07 Decembro 2023

A organización Hispania Nostra comunicou que o Pazo de Goiáns, histórica e senlleira fortaleza de Boiro, xa non se atopa na súa Lista Vermella de monumentos e patrimonio en perigo, elaborada pola dita entidade para alertar de tesouros a piques de esmorecer. O motivo foi a “ampla rehabilitación” da que foi obxecto o inmóbel (o edificio do pazo e a súa torre anexa) e a súa contorna (accesos e zonas axardinadas que foron, tamén, limpadas e rehabilitadas). Unicamente quedou pendente a intervención na capela e os lagares, destaca Hispania Nostra, que incluíra o pazo na súa Lista Vermella en abril de 2019 polo seu estado de abandono pero, tras as obras de rehabilitación levadas a cabo, o Pazo de Goiáns acaba de ser trasladado á Lista Verde de Hispania Nostra.

Segundo explica a organización, o Pazo de Goiáns, tamén chamado Torre de Goiáns, é un símbolo do señorío que entre os séculos XV e XIX rexía boa parte do territorio da comarca de Barbanza, na provincia da Coruña. Foi construído polos Fandiño Gayoso a mediados do século XVI, posiblemente sobre unha torre defensiva anterior que foi destruída durante as Revoltas Irmandiñas do século XV. Está situado xunto á desembocadura do río Coroño e na conxuntura da ría de Arousa. Como a maior parte dos pazos e casas señoriais, este inmóbel pasou polas mans de varias familias: Soutomaior, Caamaño, Mariño, Varela, Ulloa, Mendoza, Castro e Parga, etc. En 1999, os donos privados do pazo puxérono á venda e desde entón houbo varios interesados. En 2002 foi vendido ao Grupo Eroski. No 2007 desenvolveuse un convenio entre Eroski e o Concello, que non chegou a bo porto. Finalmente, foi adquirido polo Concello de Boiro no 2010. Desde o ano 2018, o Concello quería converter o inmóbel nun centro cultural.

Trátase dun edificio en forma de L, con cantería de granito e teito a dous e tres augas. No seu interior destacan unhas escaleiras que soben por salas abovedadas ata chegar á parte superior da torre cadrada, tipo minarete cun miradoiro-balaustrada. Os seus predios estaban amurallados e dispoñían de calabozos. As xanelas son oxivais. Posúe cinco labras heráldicas das liñaxes que viviron no pazo.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.