Guillem Morte Castelló comparte na Pobra a súa visión dos símbolos e xeometrías sagradas

20 Decembro 2023

O mandala, o cubo de Metatrón, a flor da vida, a estrela tetraédrica, a triquetra, a árbore da vida… Estes son algúns dos padróns que integran a mostra Xeometrías sagradas e simboloxías do mundo, de Guillem Morte Castelló, que acolle a Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal.

Arredor de sesenta pezas de madeira compoñen esta exposición, que se poden observar, na maioría dos casos, de dúas ou tres maneiras: visión diúrna, visión con luz negra e visións escuras logo da carga das fosforescencias que levan.

O autor, tamén coñecido como ACOUGA ART, estivo acompañado na inauguración efectuada na tarde do día 19 de decembro pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo, quen destacou a singularidade desta exhibición formada por representacións en 3D cunha forte carga simbólica, especialmente nalgunhas culturas, e conectadas coa espiritualidade e a natureza. E, precisamente, esta última faise notar tamén mediante a presenza dalgúns minerais. O acto estivo amenizado por María Fernández Sandoica.

As visitas pódense efectuar ata o día 19 de xaneiro, de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...