Festivos de Galicia e da comarca no 2024

31 Decembro 2023

O calendario laboral de 2024 contempla un total de 8 días festivos nacionais que se celebrarán de forma conxunta en toda España, aos que se suman dous de carácter autonómico e dous fixados polos concellos.

1 de xaneiroAninovo
6 de xaneiroEpifanía do Señor (Día de Reis)
28 de marzoXoves Santo
29 de marzoVenres Santo
1 de maioFesta do Traballo
17 de maioDía das Letras Galegas
25 de xulloDía Nacional de Galicia
15 de agostoAsunción da Virxe
12 de outubroFesta Nacional de España
1 de novembroTodos os Santos
6 de decembroDía da Constitución Española
25 de decembroNatividade do Señor

Ademais, os concellos teñen a capacidade de decretar outros dous días de festa local.

FESTIVOS NA COMARCA

A Pobra: O Carme do Pincheiros 19 de agosto e A Barquiña 19 de setembro

Boiro: 24 de xuño San Xoán e 16 de xullo O Carmen

Rianxo: O Carmen 16 de xullo e A Guadalupe 20 de setembro

Ribeira: 13 de febreiro Martes de Entroido e 24 de xullo A Dorna

Dodro: Luns de Pascua 1 de abril e Festa da Barquiña 19 de setembro

Rois: Luns de Pascua 1 de abril e San Cidre 15 de maio

Padrón: Luns de Pascua 1 de abril e San Xoán do Raio 6 de maio

Porto do Son: Luns de Entroido 12 de febreiro e 9 de setembro Romería de Cadeiras

Noia: San Marcos 26 de abril e 16 de xullo O Carmen

Lousame: San Marcos 25 de abril e San Cosme 27 de setembro

Serra de Outes: Mércores de Cinza 14 de febreiro e San Xoan 24 de xuño

Muros: San Xoán 24 de xuño e 16 de xullo O Carmen

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.