Falecen unha muller e un neno despois de colidir o vehículo no que viaxaban contra un camión-cisterna en Cambados

30 Decembro 2023

Unha nai, de 42 anos de idade, e a súa filla, de oito, faleceron en Cambados ao colidir o seu coche contra un camión-cisterna na VG-4.3, a vía de alta capacidade que une este concello con Vilagarcía de Arousa. Ocorreu no quilómetro 1, á altura da parroquia de Vilariño.

Eran pouco antes das nove e media da mañá cando o BMW que conducía a muller invadiu o carril contrario para acabar batendo contra o vehículo pesado, malia as freadas que se podían apreciar no firme. Un despiste da condutora é a hipótese principal que se manexa sobre as causas.

Protección Civil Vilagarcía de Arousa 

Os Bombeiros tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar ás vítimas do interior do turismo. 

A carga do camión, gasóleo, non se viu afectada pero si, o combustible procedente do depósito do  mesmo vehículo articulado que quedou espallado pola estrada.

Nada mais ter constancia do accidente por parte de varios particulares, ás 9:30 horas desta mañá, o 112 Galicia puxo en marcha un operativo de intervención no que interviron ademais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ribadumia, GES de Sanxenxo, Garda Civil de Tráfico, Policía Local,  efectivos de Protección Civil de Cambados, de Vilanova e do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía.

Igualmente, os xestores do 112 informaron do suceso ao persoal do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), por se fose precisa a súa intervención para prestar apoio aos familiares das vítimas.

Tras chegar ao lugar dos feitos, os efectivos do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía comunicaron ao 112 Galicia que debido á perda de combustible do depósito do camión, procederon a subministrar  escuma por todo o vehículo, co fin de evitar que o combustible derramado prendera lume na maleza lindeira á estrada. 

Unha vez excarceradas ás vítimas e feitas as labores de limpeza da vía, os Bombeiros deron por finalizada a súa intervención, quedando no lugar os axentes de Tráfico, persoal de mantemento da estrada e efectivos de Protección Civil de Cambados, á espera de realizar o traslado da carga a outra cisterna e retirada posterior do vehículo, polo que, de momento, a vía quedará interrompida ao tráfico nese tramo, redirixindo a circulación por vías alternativas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.