O Concello de Boiro presentou a súa axenda de actividades culturais para este Nadal 2023. A concelleira de Cultura, María Outeiral, deu a coñecer os detalles dun programa que inclúe propostas para todos os públicos xunto con Juan Pérez, un dos promotores do festival solidario. Coma nos anos anteriores o Concello vai instalar na praza de Galicia a xa tradicional Carpa Solidaria, onde se van desenvolver a maior parte das actividades, á que se accederá doando alimentos non perecedoiros, xoguetes ou roupa de cama para Cáritas.

A programación comezará este martes 5 de decembro co prendido do alumeado de Nadal, que realizará a Asociación ASANOG na praza de Galicia e que contará co acompañamento musical da Escola de Música de Boiro, Deby Silva e Pablo Vidal.
A Carpa Solidaria abrirá o sábado día 23 de decembro coa II Festa da Cultura Solidaria con actuacións durante todo o día. A programación da carpa prolongarase durante as vacacións do Nadal con espectáculos de teatro e danza pensados para nenos e nenas, e tamén concertos como o de As Lens e Broken Peach.
A axenda inclúe tamén os festivais que organizan as asociacións culturais do municipio, obradoiros de novas tecnoloxías, o mercado de Nadal, as Raíñas Magas polas parroquias e a Cabalgata de Reis.
Axenda punto por punto
Acendido das luces de Nadal – martes 5 de decembro (praza de Galicia)
17.30h – espectáculo de rúa (itinerante)
19.00h – acendido coa asociación ASANOG
19.00h – actuación da EMB
19.30h – actuación Deby Silva e Pablo Vidal
Festas de inverno Santa Baia de Boiro – 8 ao 13 de decembro
O apalpador e a xanela do maxín nas escolas – do 13 ao 15 de decembro
Festivais de Nadal
16 de decembro, 18.00h, Casa da Cultura de Boiro – grupo de baile tradicional Xilbarbeira
17 de decembro, 18 e 20 horas, Casa da Cultura de Boiro – escola de ballet Cen Pliés
17 de decembro, 19.00h, Centro Social de Cespón – grupo tradicional Abeloura
19 de decembro, 16.00h, Casa da Cultura de Boiro – The English Study Center
20 de decembro, Casa da Cultura de Boiro – festival do CEIP Abanqueiro
21 de decembro, 19.00h, Casa da Cultura de Boiro – festival da Escola de Música de Boiro
21 de decembro, Centro Social de Cabo de Cruz – festival do CEIP Santa María do Castro
30 de decembro, 17.00h, pavillón da Cachada – festival Pedra da Aroña
II Festa da Cultura Solidaria – 23 de decembro (Carpa Solidaria)
11.30h – DJ Matrek en sesión infantill
13.00h – The Crooners en sesión vermú
16.00h – Escola de Música de Boiro + escolas convidadas
18.00h – chocolatada Turbina
19.00h – Aldara e Casal
20.00h – Leite con Jalletas
21.00h – The Cuncas
23.00h – DJs Cabinamóvil
Teatro e danza (Carpa Solidaria)
26 de decembro, 18.30h – a xogar cos trasnos de Nadal
27 de decembro, 18.30h – a bailar no Nadal
27 de decembro, 20.00h – ballet Pedra de Aroña
28 de decembro, 18.30h – ballet Cen Pliés
29 de decembro, 18.30h – Elfos en prácticas Témola Teatro
Obradoiro de realidade virtual (local Leñaverde do Centro Social de Boiro)
Do 26 ao 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00.
Pop-Up DaRía Luv (Centro Social de Boiro)
28 e 29 de decembro, de 11 a 13.30 horas e de 16.00 a 21.00 horas – Exposición, mercado e música.
Concertos (Carpa Solidaria)
29 de decembro, 20.30h – As Lens
30 de decembro, 22.00h – Broken Peach
Mercadiño solidario (Turbina, Foro Ecolóxico de Boiro, Cruz Vermella Boiro, ASANOG, Cáritas Boiro, DaRia LUv, Diane Onlooker, Marita Sancosmeiros)
2 de xaneiro, 18.00h – apertura do mercado de Nadal na Carpa Solidaria
2 de xaneiro 18.30h – actuación dos grupos Abeloura e Aroña
3 de xaneiro. 12.00h – minidisco Barafunda
3 de xaneiro, 18.30h – actuación Xilbarbeira e Abanqueiro
3 de xaneiro, 19.30h – foliada de peche
Concerto Daby Silva Cuartet
4 de xaneiro, 21.00 horas – Carpa Solidaria
Ruta das raíñas magas polas parroquias
Cabalgata de Reis


