O Concello de Rianxo inicia unha campaña para implantar a compostaxe doméstica poñendo a disposición da veciñanza composteiros individuais de maneira gratuíta.
Segundo informou o Concello, esta acción compleméntase coas illas de compostaxe comunitaria xa implantadas en diferentes puntos do municipio e que nos próximos días, en paralelo ao reparto dos recipientes individuais, poñeranse en funcionamento coa finalidade de lle ofrecer á veciñanza recursos para a xestión sustentábel da materia orgánica na orixe.




