En busca os ocupantes dun coche que se deron á fuga tras chocar cun edificio en Ribeira

06 Decembro 2023

Un accidente de tráfico tivo lugar na ribeirense avenida da Coruña, unha das principais vías de entrada á cidade. O condutor dun Ford Ka azul perdeu o control do coche e saíuse da vía á altura de Charlín pola marxe dereita (en dirección ao centro urbano) a primeira hora da mañá.

O vehículo subiuse á beirarrúa e causou graves desfeitas na zona, incluíndo un farol, un banco e un pivote, antes de chocar contra un edificio. A pesar de que o coche quedou seriamente danado e non podía arrincar, os dous ocupantes fuxiron do lugar a pé. A Policía Local de Ribeira iniciou a procura destas dúas persoas e aínda non dera con elas. Un guindastre encargouse de retirar o automóbil sinistrado, mentres que os bombeiros do parque de Ribeira tiveron que facerse cargo da limpeza da zona.

RR.SS.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.