Correos instala en Noia, Boiro e Ribeira caixas de correos para enviar as cartas a Papá Noel e os Reis Magos

19 Decembro 2023

Ata o día 5 de xaneiro, os nenos e nenas que o desexen poderán depositar as súas cartas para Papá Noel e os Reis Magos nas caixas de correos máxicas que Correos instalou nas oficinas postais de Ribeira, Boiro e Noia.

Segundo explica a empresa pública de transportes, demais de fomentar o espírito do Nadal, esta iniciativa “tamén pretende fomentar a práctica da escritura entre os máis pequenos da casa”. Por iso nestas festas, nas oficinas da empresa con caixa de correos especial e a través de Correos Market, tamén se poderán conseguir pack máxicos que conteñen cartas para escribir os desexos, sobres especiais e adhesivos con motivos do Nadal para decoralas e que chamen a atención dos seus ilustres destinatarios.

Ademais, achegaranse selos máxicos personalizados coa figura de Papá Noel e dos Reis Gaspar, Melchor e Baltasar en todas as oficinas de Correos e en Correos Market.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.