Comezan os traballos no Centro de Interpretación da Conservación Comunitaria en Lousame

17 Decembro 2023

Esta fin de semana comezaron os traballos de recuperación do edificio que albergará o Centro de Interpretación da Conservación Comunitaria, un proxecto que bota a andar este ano da man da Fundación Montescola co apoio da Deputación da Coruña e a Universidade das Nacións Unidas.

O espazo, situado no antigo poboado mineiro de San Fins, pretende por en valor a figura dos montes veciñais en man común como forma de xestión do territorio ao servizo da conservación, mellora e aproveitamento sustentable dos recursos naturais, dos valores paisaxísticos e dos ecosistemas. O arquitecto e investigador do Instituto de Estudos Urbanos e da Paisaxe da Escola Politécnica Federal de Zurich elaborou un primeiro esbozo do futuro edificio.

A escolla da ubicación responde á importancia dos montes veciñais no Barbanza e artículase coa propia Área Conservada de Froxán, primeira a ser recoñecida pola ONU en 2017 como “ICCA”, sigla en inglés das Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais.

O proxecto pretende convertir de novo en punto de encontro o edificio que fora a taberna das minas nos anos 50, que foi adquirido por Montescola xunto con varias parcelas próximas grazas ao apoio da Deputación. Tamén participa no proxecto o Centro de Especialización en Educación para o Desenvolvemento Sostible, recoñecido oficialmente pola Universidade da ONU.

Esta iniciativa pretende converterse en referencia para divulgar e ofrecer formación sobre os montes veciñais e a xestión comunitaria dos recursos en relación a desafíos como o cambio climático, a conservación da biodiversidade, a prevención de incendios forestais ou o control de especies exóticas invasoras, contribuindo á creación de emprego e á fixación de poboación no rural.

Os traballos de recuperación do edificio comezaron esta fin de semana da man do voluntariado das Brigadas deseucaliptizadoras, iniciativa que precisamente xurdiu en Froxán fai agora 6 anos da man de Verdegaia e que este mes alzanzou as 1.400 voluntarias inscritas. Unha vintena de voluntarias retiraron 10 toneladas de entullos como primeiro paso de cara a restauración do edificio, plantando ademais varias ducias de freixos, ameneiros e cereixeiras na súa contorna.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.