Caramuxo Teatro rende homenaxe ao comercio tradicional este xoves en Boiro coa función infantil “Crisálida”

07 Decembro 2023

A Casa da Cultura de Boiro acolle este xoves 7 de decembro, a partir das 20.00 horas, a representación dun divertido espectáculo para público infantil (máis de 6 anos). Trátase da función Crisálida, de Caramuxo Teatro.

Crisálida é o espectáculo número 25 da compañía Caramuxo, co que celebra os seus 20 anos de traxectoria.

Con esta  comedia, a agrupación quere poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado, cada vez máis dixitalizado. Crisálida é unha homenaxe a este concepto de comercio que crea convivencia e comunidade.

Unha comedia sen texto, con catro actores, que representarán doce personaxes. Un espectáculo de máscaras dirixido por Olga Margallo, gañadora de múltiples premios, Feten, Max e Premio Nacional de Teatro.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.