
O DOG publica este 26 de decembro o decreto de disolución do Parlamento e os partidos galegos xa contan os días para as eleccións. Son 56.
As eleccións, que se rexerán pola Lei Orgánica 5/1985 do réxime electoral xeneral e a Lei 8/1985 de eleccións ao Parlamento de Galicia, terán lugar o 18 de febreiro de 2024. En aplicación do artigo 9 da lei electoral, asígnanse 14 deputados a Lugo e Ourense, 25 á Coruña e 22 a Pontevedra
O voto por correo xa se pode pedir. O prazo para entregalo é o 14 de febreiro. Para pedilo, pode realizarse a través da web de Correos, con certificado electrónico, ou nas oficinas. As papeletas chegarán a partir do 29 de xaneiro. Os votatnes por correo terán por tanto dúas semanas para exercer o seu dereito.
A campaña electoral, que durará 15 días, arrincará ás 00:00 horas do 2 de febreiro de 2024 e concluirá ás 24:00 horas do 16 de febreiro de 2024.
Tras as eleccións convocadas por este decreto, a nova Cámara reunirase para a súa sesión constitutiva o 18 de marzo de 2024, ás 11 horas, de acordo con o establecido na Constitución.



