
O escritor Borxa Colmenero vai presentar en Santiago de Compostela o seu libro O Governo neoliberal da vida. Uma leitura (pós)foucaultiana, editado polo selo rianxeiro Axóuxere, con sede en Brión. A presentación, que virá acompañada dunha conversa arredor da obra, contará coa presenza do autor e máis de Pedro M. Rey Araújo e Roberto Abuín (editor). A cita será este xoves 21 de decembro ás 19.00 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea, o CGAC, emprazado en Santiagol.
O governo neoliberal da vida. Uma leitura (pós)foucaultiana é un ensaio crítico de Borxa Colmenero. O autor, nado en Vilar de Santos (1984) é filósofo político, xurista e activista e introdúcese con esta obra no pensamento de Foucault e en toda a crítica posfoucaultiana (desde Nikolas Rose ou Giovanna Procacci até Toni Negri, Giorgio Agamben ou Pierre Dardot) para observar a hipótese do desenvolvemento dunha teoría política do neoliberalismo como unha específica arte de goberno.



