Boiro somete a Pleno o borrador do texto da Ordenanza de circulación para mellorar a mobilidade e o estacionamento no municipio

20 Decembro 2023

O Concello de Boiro propón para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno a Ordenanza de circulación co obxectivo de regular a
mobilidade e o estacionamento no municipio. O texto contempla a regulación de zonas de estacionamento regulado como a zona azul ou das reservas de espazo público como o carga e descarga.
O texto ten como finalidade facer fronte á crecente carencia de espazo público de estacionamento, á proliferación de novos sistemas de mobilidade persoal e que deben encaixarse mediante normativa municipal e tamén ao predominio do peón respecto do vehículo nos núcleos máis urbanos. Entre outras cousas, con esta normativa pretende regularse as zonas azuis e express, ás prohibicións e restricións circulaorias e tamén regulacións specíficas como as zonas peonís ou as ocupacións de vía pública.
O Concello de Boiro ten como obxectivo mellorar os servizos e a mobilidade nos distintos núcleos de poboación e, con esta ordenanza, o que se pretende é regular a circulación nas vías do termo municipal, especialmente a regulación do estacionamento e ocupacións de vía pública. “Nos últimos anos fixemos un importante traballo de ordenación dos espazos urbanos, dotándoos de máis espazos de aparcamento. Con este regulamento imos poñer en marcha a limitación de tempo de estacionamento tan demandada polos comerciantes e persoas usuarias”, afirma o alcalde.

Outros artigos

Aparece o corpo encadeado dun home no porto de Ribeira

Este martes 14 de abril Ribeira amenceu cun importante dispositivo policial no porto, trala aparición na dársena de Santa Uxía dun cadáver encadeado, no espazo comprendido entre o barco Tres de Sempre e a estrutura do peirao. Segundo informou La Voz, puido ser unha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.