
O Concello de Boiro realizou esta tarde o acendido do alumeado de Nadal coa participación da Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia (ASANOG). No acto participaron o alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral.
Representantes da Asociación ASANOG foron as persoas encargadas de prender este ano o alumeado de Nadal dende a Praza de Galicia.
Realizaron a conta atrás e felicitaron os festexos aos centos de persoas que se achegaron á Praza de Galicia e agradeceron a implicación da veciñanza de Boiro neste último ano coa asociación nas distintas actividades realizadas durante o ano.
A concelleira de Cultura, María Outeiral, agradeceu a implicación de todas as asociacións culturais do municipio “que se involucran co Concello para poder facer unha programación de actividades para a época do nadal e fomentar a dinamización do noso concello”. Durante todo o mes haberá concerto, espectáculos e actividades pensados para os mais cativos e con fins solidarios.
“O acendido do alumeado marca o inicio das actividades e das festas do Nadal, una época de moita ilusión especialmente para os nosos nenos e nenas”, afirmou o alcalde. A xornada comezou arredor das 18.00 horas cun espectáculo itinerante de luces e de Sarao animación e contou cunha actuación da Escola de Música de Boiro e de Deby Silva e Pablo Vidal.




