O Concello de Outes, a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres) vailles ofrecer ás familias, na vindeira tempada festiva, unha nova edición do servizo de conciliación Tempo de Nadal 2023-2024, que forma parte do programa Outes Concilia. O servizo irá destinado a fogares con menores de idades comprendidas entre os 3 (escolarizados) e os 12 anos. Desenvolverase os días 22, 26, 27, 28, 29 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes. O prazo de inscrición vai dende o 9 de decembro até o día 17 do mesmo mes. As prazas serán limitadas. As solicitudes pódense presentar de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Outes ou de maneira presencial no rexistro do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Máis información no CIM de Outes, no teléfono 981 850 949.




