Aprobada a ordenanza de circulación de Boiro proposta polo equipo de Goberno

22 Decembro 2023

O Concello de Boiro celebrou este xoves 21 de decembro o pleno ordinario correspondente ao mes de decembro, que contou cun total de 15 membros da Corporación ao rexistrarse a ausencia de María Outeiral, concelleira do PSdeG-PSOE, e Dores Torrado, concelleira de Boiro Novo.

A sesión pode verse íntegra na canle de YouTube do Concello de Boiro.

Votacións da sesión:

Aprobación inicial do ditame sobre a Ordenanza de circulación do Concello de Boiro – aprobación con 8 votos a favor (PSOE) e 7 en contra (PP e BNG).

Aprobación do ditame sobre a resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do IBI – aprobación con 8 votos a favor (PSOE), 2 en contra (BNG) e 5 abstencións (PP).

O BNG rexistrou unha moción de urxencia sobre o Apoio ao pobo palestino e de esixencia do fin do xenocidio a mans do goberno israelí que quedou rexeitada con 2 votos a favor (BNG) e 13 votos en contra (PSOE e PP).

A ordenanza de circulación

A Ordenanza de circulación finalmente aprobada ten o obxectivo de regular a mobilidade e o estacionamento no municipio. O texto contempla o regulamento de zonas de aparcamento como a zona azul ou das reservas de espazo público como o carga e descarga.
O texto, en palabras do equipo de Goberno, “ten como finalidade facer fronte á crecente carencia de espazo público de estacionamento, á proliferación de novos sistemas de mobilidade persoal e que deben encaixarse mediante normativa municipal e tamén ao predominio do peón respecto do vehículo nos núcleos máis urbanos”. Entre outras cousas, con esta normativa pretende regularse as zonas azuis e exprés, ás prohibicións e restricións circulatorias e tamén regulacións específicas como as zonas peonís ou as ocupacións de vía pública.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.