Amicos divulgou en Padrón e Rois os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS)

20 Decembro 2023

A Asociación Amicos organizou esta semana en Padrón e Rois dous obradoiros de traballo baixo o título Coñece todo sobre os ODS: Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel co obxectivo de divulgar de forma lúdica estas 17 metas establecidas polo ONU entre a poboación local. As accións contaron coa participación de máis dunha vintena de persoas, que descubriron os ODS da man dos axentes dinamizadores e amicos Manuel Prado, Macarena Fernández e Carmen Piñeiro. Estas sesións están englobadas no proxecto Dinamiza, impulsado por Amicos coa colaboración do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

O primeiro dos workshops realizouse no Centro Social de Padrón a tarde deste luns, 18 de decembro, mentres que o mércores 20 pola mañá, en horario de 11.00 a 13.00 horas, foi a quenda do municipio de Rois. Neste último participaron os 15 mozos e mozas que asisten ao curso Confección e publicación de páxinas web do Programa de Emprego Xuventude Terras de Iria 2023.

Estas sesións comezaron da man de Sonia Fuentes, psicóloga e coordinadora de centros de Amicos, e a amica Macarena Fernández, que realizaron unha breve presentación da actividade de Amicos e como esta se adapta aos 17 ODS e a Axenda 2030, así como unha explicación dos mesmos.

A continuación, os encargados de achegarlles aos asistentes o labor e actividades medioambientais dos amicos e en que consiste o emprego verde foron o responsábel de Properdis, empresa promotora das Ecobrigadas Properdis, Keltoi Cameán, e o amico Manuel Prado.

De seguido, os axentes dinamizadores Manuel Prado, Macarena Fernández e Carmen Piñeiro foron os encargados de conducir aos participantes nos tres xogos adaptados: un bingo, un pasapalabra e o Xogo da Oca ODS con preguntas. Todos eles deseñados e adaptados dentro de Dinamiza para divulgar mediante xogos e accións lúdicas en que consisten os ODS.

Dende que o proxecto Dinamiza botou a andar, realizáronse varias actividades dirixidas á poboación xeral. Así desenvolvéronse máis de 9 xornadas informativas dirixidas á poboación local en Andalucía, Estremadura e Galicia, ás que asistiron máis de 1.000 persoas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.