BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros.
As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega de alimentos non perecedoiros. Quen precise máis información sobre a andaina e sobre as reservas pode solicitala na recepción da Piscina Municipal, xestionada pola empresa BeOne, que informa que coas reservas achegaranse aos participantes unha camiseta de Sal Silvestre e unha gorra de Nadal.




