A Xunta fixa a nova tempada de pesca de anguía no esteiro do río Tambre entre o 1 de maio e o 30 de setembro

22 Decembro 2023

A tempada da pesca da anguía na desembocadura do río Tambre estenderase desde o 1 de maio ata o 30 de setembro deste ano. Así se recolle na resolución publicada este venres 22 de decembro no Diario Oficial de Galicia e pola que se aproba a renovación do plan de aproveitamento específico da especie para 2024, mantendo os principais requisitos que rexeron nesta zona durante a tempada anterior.

Así, o tamaño mínimo das capturas será de 20 centímetros, coa obriga por parte dos pescadores de devolver ao río os exemplares que non dean a talla, así como outras especies que poidan entrar nas nasas.

Ademais, só se autoriza a captura da anguía na fase do seu ciclo vital denominada anguía amarela, mentres que aquelas con signos externos propios da fase anguía prateada deberán ser devoltas de inmediato. O total de capturas para a tempada será de 1.000 kg, e unha vez alcanzada esta cantidade darase por pechada a campaña.

Ademais, para poder practicar a pesca da anguía na desembocadura do Tambre a única arte permitida será a nasa-voitirón (tradicional), cun tamaño de malla non inferior a 14 milímetros e un límite de 10 artes por tripulante e xornada de pesca. As nasas deberán ser levantadas e revisadas diariamente e o horario autorizado para a actividade estenderase desde as 12,00 horas do luns ata as 12,00 horas do sábado, cun máximo de 8 horas diarias de traballo.

No caso do Tambre, o plan de aproveitamento da especie para 2024 autoriza a faenar no tramo comprendido entre a liña que une Punta Testal con Punta Requeixo e Ponte Nafonso, exceptuando a zona de desembocadura do río Tines.

A partir do día 1 de maio, autorízase a faenar á Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, que conta con dúas embarcacións autorizadas para exercer a actividade: Benigna, cun máximo de dous tripulantes, e Baña, que poderá levar ata tres.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.