A veciñanza de Dodro segue a reclamar mellor atención sanitaria

11 Decembro 2023

Proseguen unha semana máis as protestas da veciñanza de Dodro destinadas a cubrir a vacante do Centro de Saúde e frear os recortes locais en materia sanitaria, protestas tamén compartidas polo BNG e das que falamos hai uns días dende este medio.

Este luns 11 de decembro, sinalaron os afectados, “continúa sen cubrise o posto do andar superior do Centro de Saúde, avisando desde o centro co mesmo cartel das semanas pasadas, o que provoca que se deran citas para o próximo día 15 desde a semana pasada xa”. Esta circunstancia, recordaron, tradúcese nun só médico ao que lle resulta imposíbel atender en boas condicións a todo o municipio.

Xoán Bautista Mariño, responsábel local do BNG, dirixiuse ás persoas que este luns acudiron ao Centro de Saúde para animalas a continuar coas mobilizacións que iniciaron hai xa tres semanas tras comprobar que non se cubría a tempo completo a dita praza vacante.

O BNG, sinalou Mariño, “quere o mesmo que a poboación de Dodro: menos propaganda e máis atención”. E engadiu: “Sabemos que estanse presentando queixas e animamos a seguir cubrindo reclamacións ata que se solucione o problema de recortes que instalou o PP desde a Xunta e que agora se sinte, aínda máis directamente, desde o Centro de Saúde de Dodro”.

As persoas que hoxe se achegaron ao ambulatorio agradeceron a iniciativa nacionalista e coincidiron en que “hai que protestar cursando máis reclamacións para evitar a falta de persoal nun servizo primordial como a sanidade pública”.

O BNG anunciou que seguirá reclamando para a veciñanza melloras neste sector público e anuncia outras iniciativas fronte aos recortes “ata que se volva á normalidade que rompeu o SERGAS en Dodro”, sinalou Mariño.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.