O BNG de Dodro inicia unha campaña para cubrir a tempo completo o posto vacante do Centro de Saúde

29 Novembro 2023

O BNG de Dodro iniciou unha campaña cidadá de información e protesta para cubrir a tempo completo o posto vacante do andar superior do Centro de Saúde. Segundo informa a agrupación, o centro sanitario do concello leva semanas xa con atención diaria completa só no andar baixo, e unicamente cun médico. Isto, lembran, vén facéndose constar nun letreiro colocado no centro dende o pasado venres 24 de novembro. Para o BNG, “un único médico a xornada completa e un pediatra -compartido con Rois- no ambulatorio de Dodro é insuficiente para os máis de 2.600 habitantes do municipio”.

O BNG de Dodro di que o malestar entre os doentes é considerábel, xa que son atendidos tarde e por profesionais distintos neste último mes. “Os recortes do SERGAS desde Compostela a Dodro cabrean a todo o concello que ve como Dodro se afasta aínda máis da ratio de atención médica que teñen outros países de Europa”, sinala a agrupación, engadindo que “o actual persoal do Centro de Saúde está desbordado ao non ter a tempo completo persoal para unha boa atención dun servizo público provocando saturación en PACs e urxencias hospitalarias”.

O BNG reclama ao SERGAS que, de forma urxente, “se dote canto antes ao Centro de Saúde de Dodro cun médico substituto a xornada completa mentres non se incorpora a persoa titular”. A este respecto, o portavoz municipal Xoán Bautista Mariño, advirte que “insistiremos en termos servizos públicos de calidade”.

O grupo facilitou o modelo do SERGAS e a ligazón das reclamacións a través de Internet.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...