A SinSon10k luciu as súas mellores galas na carreira deste domingo (impuxéronse Mehdi El Nabaoui e Nouhaila El Gazouir)

17 Decembro 2023

O bo tempo (aínda que moi fresco) acompañou a nova edición 2023 da SinSon10k, a gran proba deportiva que discorre entre Portosín e Porto do Son e que este ano, en parte pola beleza da contorna pola que discorren os 10 quilómetros de percorrido, en parte polo sol que acompañou a proba este domingo, luciu espectacular. Na categoría masculina impúxose novamente Mehdi El Nabaoui (cun tempo de 30 minutos e tres segundos), que aínda tiña recente o éxito da Carreira Pedestre de Santiago. Na feminina gañou a súa compatriota Nouhaila El Gazouir (33 minutos e 35 segundos), seguida moi de preto pola pobrense Laura Santos, que foi prata, e por Natalia Castro, de Marín.

O presidente da xunta, Alfonso Rueda, acompañado do alcalde sonense Luis Oujo

Participaron máis de 1.300 deportistas, incluído o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Mar, Alfonso Villares. Tamén correu, como deportista convidado polo Concello (organizador da SinSon10K) o campión do mundo de triatlón Pablo Dapena, que rematou no posto 11. Participaron tamén as sonenses Laura Vila Santos, Carla Carolina Liñares e Olalla Duro, ademais de Rubén Caamaño, Alberto García e Abel Vila, del Club Atletismo Noia.

Podemos consultar a clasificación enteira en emesports.es.

Clasificación Masculina (dez primeiros)

1-El Nabaoui, Mehdi 30:03

2-De La Fuente Gómez, David 30:10

3-Castro Varela, Anxo 30:14

4- Nasr, Bouchaib 31:10

5-García Gouto, Hugo 31:29

6- Gómez Gónzalez 31:43

7- Ramos Sambade, Víctor 31:45

8-García Picon, Lucas 31:51

9-Liste Monteagudo, Pedro 32:01

10- Carnero Rodriguez, Pablo 32:04

Clasificación Feminina (dez primeiras)

1-El Gazouir, Nouhaila 33:35

2-Santos Domínguez, Laura 33:42

3-Natalia Castro 35:08

4-Esther Rodríguez 37:25

5-Ainoa Iglesias 38:06

6-Aida Valiño 39:12

7-Elena Ojea 39:17

8-Marta Novo 39:21

9-Silvia García 39:23

10-Rebeca Mariño 39:41

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...