Aplausos e aclamacións na Pobra para render homenaxe ao exalcalde Isaac Maceiras, a súa fotografía xa loce no salón de plenos pobrense

02 Decembro 2023

A Pobra do Caramiñal rendeu na mañá deste 2 de decembro recoñecemento institucional a quen foi alcalde durante dezaseis anos, entre 1999 e 2015: Isaac V. Maceiras Rivas.
Como xa é tradición na localidade, efectuouse a colocación da fotografía do ex-rexedor nun acto no que participaron membros da corporación municipal baixo a presidencia do actual alcalde, José Carlos Vidal, e da concelleira das Relacións Institucionais, Patricia Lojo; edís populares que integraron os gobernos locais nos catro mandatos de Maceiras; e, por suposto, a súa familia e amizades como, por exemplo, o ex-rexedor de Boiro, Xosé Deira, ou o de Ribeira, Manuel Ruiz, con quen o homenaxeado compartiu momentos debido, en boa medida, á unión dos municipios a través da Mancomunidade Barbanza Arousa.
A concelleira das Relacións Institucionais, Patricia Lojo, foi a encargada de abri-la quenda de intervencións, animando a seguir fomentando a vocación de servizo público dende os distintos organismos “por e para o beneficio da nosa comunidade.”
Tamén o actual mandatario local, José Carlos Vidal, fixo referencia a isto, facendo especial énfase no vínculo que compartiron el e o homenaxeado, cando o primeiro foi bibliotecario municipal durante trinta e cinco anos, e, o segundo, rexedor durante case a metade dese período. Vidal salientou a calidade humana de Maceiras, afirmando que “sempre estaba disposto a recibir a todo o mundo e intentar solucionar os seus problemas.” A evidente conexión coa literatura tamén se fixo notar ao citar a Unamuno: “el modo de dar una vez en el clavo, es dar cien veces en la herradura.”
Neste senso, manifestou que “seguro que nestes primeiros catro meses din moitas veces na ferradura, pero podedes estar seguros que pouco a pouco, vou ir dando máis veces no cravo porque coñézome e vou conseguilo a base de traballo e de non desfalecer.”

No seu discurso, o homenaxeado confesou sentir unha enorme satisfacción persoal por ser xa parte da historia da localidade e “integra-lo elenco de persoas que puxeron o mellor de si a prol do beneficio e o crecemento económico e o emprego, posto que a política é a arte de resolve-los problemas do pobo ao cal témo-la obriga de facer feliz.” Quixo tamén agradece-lo labor de quen durante dezaseis anos o acompañou, dende os seus compañeiros/as de partido ata o persoal do Concello, sen esquecer, por suposto, á súa familia, porque “todos xuntos logramos cumpri-los nosos programas e os nosos compromisos co noso pobo.
Síntome orgulloso de todos eles.” E, se de algo pode presumir A Pobra é da súa beleza como municipio, pero tamén do talante da súa xente, polo que avogou por seguir traballando arreo no seu beneficio nos distintos ámbitos, especialmente, no crecemento económico e o emprego.
Posteriormente, impúxoselle a medalla e plasmou a súa sinatura no libro de honra do Concello, ademais de recibir dous agasallos institucionais: unha dorna de cerámica e unha metopa de sobremesa con dedicatoria.
E, xa chegado o gran momento da xornada, Isaac Maceiras asistiu ao descubrimento do cadro coa súa fotografía da man dos seus netos e netas: Sonia, Carlota, Alberto e Miguel. Deste xeito, pasa a estar sempre presente de maneira simbólica na casa consistorial.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.