A Fiscalía pide catro anos de cárcere para dúas mulleres por traficar con cocaína en Ribeira

10 Decembro 2023

Dúas mulleres comparecerán na sección sexta da Audiencia Provincial de Santiago esta semana que ven, como acusadas de traficar con drogas. Impútaselles ser as posibles autoras deste delito, polo que a Fiscalía solicita unha condena de catro anos de prisión para cada unha, ademais do pago dunha multa de 10.665 euros ou cen días de privación de liberdade en caso de falta de pagamento. Os feitos polos que serán interrogadas tiveron lugar o 23 de outubro, ao redor das sete da tarde, nunha rúa céntrica de Ribeira.
As dúas acusadas, unha das cales ten antecedentes, foron atopadas en posesión de 56 gramos de cocaína, ao redor de tres gramos de cánnabis e aproximadamente dous gramos de heroína, esta última distribuída en varias bolsas. O valor total da droga no mercado, segundo o seu peso, ascende a case 5.400 euros.

Ademais, no momento da súa detención, as dúas mulleres levaban consigo 415 euros en efectivo provenientes da venda de estupefacientes, así como unha balanza de precisión e dous teléfonos móbiles relacionados co tráfico de drogas. Todos estes obxectos foron confiscados pola Policía Nacional. O fiscal considéraas culpables dun delito contra a saúde pública, na modalidade de substancias que causan un grave dano, sen que se dean circunstancias que modifiquen a súa responsabilidade penal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.