A Deputación abre o prazo do II Premio ‘Xoán Vicente Viqueira’ de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación

07 Decembro 2023

A Deputación dá Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a apertura do prazo para presentar candidaturas á II edición do premio ‘Xoan Vicente Viqueira’, de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación.

As bases, que foron realizadas conxuntamente co Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoan Vicente Viqueira grazas á mediación do Concello de Bergondo, municipio onde residía o escritor, establecen que se poderán presentar as candidaturas, de maneira telemática a través de SUBTEL, ata o 15 de febreiro ás 14 horas.

A deputada de Educación, Yoya Neira, presentou o premio xunto coa alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, a presidenta do Instituto Xoan Vicente Viqueira, Isabel Lema Blanco, e o presidente de honra da entidade, Ricardo García Mira. Neira destacou “a aposta da Deputación por dar continuidade a este certame, que ademais de recoñecer o traballo que fan persoas ou institucións nun ámbito tan importante como o das ciencias e as humanidades pon en valor a figura de Viqueira no desenvolvemento do pensamento filosófico e o progreso da educación en Galicia”.

Pola súa banda, Alejandra Pérez Máquez indicou que “Viqueira é un dos nosos veciños máis ilustres e un adiantado ao seu tempo” e lembrou que “no Concello declaramos o ano 2024 como Ano de Xoan Vicente Viqueira, para destacar o seu labor defendendo a galeguización do ensino, a incorporación plena da muller e outras reformas no sistema educativo”.

Ricardo García Mira destacou que estes premios “recoñecen o valor da investigación científica neste país” e destaca “a figura dun referente para Galicia no ámbito da Psicoloxía, a Educación e a Lingua, como foi Xoán Vicente Viqueira”. O premio consta de tres premios de 6.500 euros.

poderán presentar candidaturas todas as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades de investigación e innovación no ámbito das ciencias sociais e humanidades, as persoas que formen parte do xurado ou calquera socio do Instituto Xoan Vicente Viqueira. Nas candidaturas poderán propoñer a calquera persoa ou entidade ligada a proxectos que se desenvolvan ou relacionen coa investigación e innovación no ámbito das ciencias sociais e humanidades e que teñan a súa residencia ou sede social no territorio español, non admitíndose autocandidaturas.

Establécense tres premios, dotados de 6.500 euros cada un deles, para cada unha das seguintes modalidades, sempre nos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social: á traxectoria de vida ao longo dos últimos 30 anos, á innovación científica e á calidade dun traballo de investigación realizado por unha persoa investigadora nova.

Podes consultar as bases completas no seguinte enlace:  https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/11/17/2023_0000009112.pdf

Outros artigos

O Concello do Dodro rende homenaxe a Moncho Reboiras

O Concello de Dodro organiza unha homenaxe a Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras, este mércores 12 de agosto, ás 13.00 horas na Lavandeira (Imo). Data na que se cumpren 51 anos do seu asasinato en Ferrol a mans da policía franquista. O aniversario do pasamento de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.