A Creba levou a cabo mercados solidarios de Nadal en Ribeira e Boiro

20 Decembro 2023

A Asociación Saúde Mental A Creba, entidade da nosa comarca que se dedica ao apoio integral das persoas con doenzas mentais das comarcas de Barbanza e Muros-Noia, vén de poñer fin a unha serie de mercados de Nadal solidarios, convocados co obxectivo de vender produtos elaborados polas persoais usuarias e, tamén, “visualizar e concienciar á poboación da comarca sobre a saúde mental, así como dar a coñecer o traballo de entidades de iniciativa social como esta”. Tamén se busca mostrar a importancia que ten a participación na vida comunitaria das persoas con enfermidades deste tipo.

Abalorios, carteiras de coiro, xabóns de glicerina ou adornos para esta festividade, entre outras cousas, elaborados polas persoas usuarias desta entidade son os produtos que veciñas e veciños da contorna puideron adquirir estes días.

Na xornada do 27 de novembro, así como nos días 4 e 5 de decembro, foi Ribeira a localización escollida, concretamente na rúa de Galicia; o día 19 de decembro finalizou esta serie de mercados en Boiro, á altura do Mercado Municipal.

Esta entidade ten centro de rehabilitación psicolaboral (CRPL) na Barbanza desde o ano 2004, sendo a súa primeira sede en A Pobra do Caramiñal, na actualidade o centro ocupa un baixo coas condicións axeitadas e todos os medios materias e profesionais no barrio ribeirense de Abesadas, dando así continuidade ao primeiro centro, localizado en Noia, ámbolos dous dan soporte e apoio a veciñanza de tódolos concellos da Barbanza e de Muros-Noia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...