A cidade da Coruña acolleu a estrea da que sería a primeira conserva de xouba de Rianxo fusionada con ouro de 24 quilates. A responsábel deste innovador lanzamento, dotado co prestixioso selo de calidade Xouba de Rianxo-Pesca Artesanal Arte do Xeito, é a empresa A Conserveira. Trátase, segundo sinalaron os responsábeis da empresa, dun produto gourmet de produción limitada e numerado. A Conserveira lanzou esta novidade xunto a outras dúas opcións: unha con aceite de oliva e outra que, ademais, incorpora pementos de Padrón.
Xoves 10, chuvascos diminuíndo cara a noite e lixeira baixa térmica
Na xornada do xoves agárdanse intervalos nubrados con chuvascos intermitentes, máis frecuentes no oeste pola mañá e no interior nas horas centrais do día, remitindo cara á noite. As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado descenso. Os ventos soprarán frouxos,...