A Consellería de Sanidade establece a recomendación xeral do uso de máscara no conxunto de centros sanitarios de Galicia

29 Decembro 2023

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou está mañá en rolda de prensa a nova instrución que o Servizo Galego de Saúde lle trasladará ao conxunto de xerencias das áreas sanitarias e na que se establece a recomendación do uso xeral da máscara en todos os centros sanitarios da rede pública Galega.

A medida, que entrará en vigor desde as 15,00 h de hoxe, estenderase durante os vindeiros 15 días, momento no que se revisará a situación epidemiolóxica. Deste xeito, se ata o de agora esta recomendación se limitaba ás zonas dos servizos de Urxencias e ás Unidades con persoas inmunodeprimidas, agora amplíase a todos os espazos dos centros de saúde e hospitais.

Segundo apunto o titular da carteira sanitaria da Xunta, neste momentos “estamos preto do pico de gripe”, e entre esta semana e a que vén acadarase a cifra co maior número de contaxios.

Así, explicou que na comparativa anual, neste ano 2023, durante o mes de decembro estanse a rexistrar un promedio diario de 2.700 atencións nos servizos de urxencias do Sergas, unha cifra que incrementa un 8 % os datos do ano pasado (2.500 de media en 2022), e nos que as atencións vencelladas ás patoloxías respiratorias xogan un papel importante no aumento.

Do mesmo xeito, e no que atinxe aos datos de hospitalización, García Comesaña indicou que nestes intres hai 653 persoas ingresadas por ou con gripe (27 delas na UCI); 160 persoas ingresadas por ou con covid-19 (7 na UCI), e 162 por ou con VRS, das que 6 están na UCI.

Acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; e o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal; o conselleiro agradeceu o esforzo do conxunto de profesionais que están a traballar nos centros de saúde e hospitais públicos galegos.

Así, pechou a súa intervención solicitando á poboación extremar as precaucións nas xuntanzas do Nadal e tamén convidando á vacinación a todas as persoas que aínda non o fixeran, pois “moita da xente que temos ingresada está sen vacinar”.

Circulación da gripe en Galicia

Durante a rolda de prensa, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; detallou que a infección respiratoria predominante nestes momentos en Galicia é a Gripe A, sendo a responsable do 68 % dos casos; ademais de precisar que a linaxe predominante da covid-19, na actualidade, é a JN1.

Sobre a positividade das probas, Durán incidiu que os test que se están a realizar nestas xornadas acadan un 34 % de positividade no caso da gripe, e un 8 % no casos das infeccións do Virus Respiratorio Sincitial (VRS).

“Segundo o noso modelo preditivo, entre esta semana é a que vén chegaremos ao pico da onda de gripe” explicou a directora xeral, ao tempo que indicou que “as cifras máximas da onda se manterán durante as vindeiras 2 ou 3 semanas”.

Activación dos Plans de contixencia

Pola súa banda, o director xeral de Asistencia Sanitaria Jorge Aboal, enumerou o conxunto de medidas que está a poñer en marcha o Servizo Galego de Saúde para atender o incremento da demanda nos centros sanitarios galegos.

Así, e de acordo ao recollido nos Plans de Contixencia, o conxunto das áreas sanitarias galegas (agás a de Lugo) reforzaron os seus recursos humanos e materiais para dar resposta a está situación que se produce cada ano nesta época.

Aboal salientou que a activación destes Plans conlevou un aumento no número de médicos, pediatras, persoal de enfermería e TCAEs, así como a operatividade de 80 camas máis no conxunto dos hospitais galegos. En concreto, 25 no Hospital Abente y Lago da Coruña, 9 no Hospital Montecelo; 15 no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo), 12 no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, e outras 20 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

“Os Plans de continxencia son documentos dinámicos que se adaptan ás necesidades asistenciais” destacou o director xeral, quen remarcou que, de ser preciso, ampliaranse os recursos nos centros sanitarios.

Finalmente, a responsable de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Maite Maza, incidiu en que “as patoloxías respiratorias adoitan ter unha maior repercusión a nivel de hospitalización” ao requirir duns maiores tempos de atención e prazos hospitalización. Porén, apelou ao emprego da máscara en todo momento, no caso de ser positivo en algunha das patoloxías respiratorias, ou se se ten a sospeita de ter gripe ou covid.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...