A CEMMA lanza unha audioguía accesíbel sobre as toniñas e sobre como actuar en caso de observalas

27 Decembro 2023

A CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) publicou estes días una guía de boas prácticas sobre a toniña, Phocoena phocoena, na que se inclúe o manexo da especies caso de que sexa observada no mar, varada na costa ou capturada nas faenas pesqueiras.

Esta publicación nace, en palabras da CEMMA, “co obxecto de contribuír á protección e conservación da toniña mediante a información sobre a especie e as súas ameazas a través da difusión, sensibilización, concienciación, educación ambiental e formación para o desenvolvemento de actitudes e aptitudes que causen impacto social e xeren unha atmosfera de respecto e admiración incidindo de maneira positiva na súa conservación”.

O libro, que conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra, vén cun acceso aos audios, que é, segundo a coordinadora, “unha nova ferramenta versátil de traballo que tamén permite a total accesibilidade aos contidos para persoas con limitacións físicas que lle impidan ler as súas letras”.

Ademais inclúese o himno da toniña, gravado durante o proxecto Phocoe-nando coa colaboración do Concello de Nigrán, como contribución da cultura popular mariñeira á divulgación da conservación da especie mediante a adaptación da cantiga popular Sopra vento do norte.

Podemos consultar todos os materiais xerados no proxecto Phocoe-nando (varios idiomas) na web da CEMMA. A nova publicación está accesíbel en formato PDF.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.