
A Casa da Cultura de Boiro acolle no mes de decembro a mostra nomeada Obra gráfica do artista Xosé Poldras. A exposición fai un percorrido por algunhas das obras recentes máis significativas do autor, así como as tres pezas máis antigas e que manteñen o significado co traballo actual.
Dende Cultura de Boiro confirman que “o máis significativo das imaxes que se poden atopar na mostra é o baleiro do papel sen estampar, un espazo silencioso no que as figuras de texturas intensas relaciónanse entre si ou interpelan ao espectador mostrando inquietudes ou historias para desvelar”.

A combinación de figuras e espazo tratan de provocar na persoa que as visita a imaxinación, obrigando a construír una historia incerta ou certeira.
Xosé Poldras (A Coruña, 1969) é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, beca Erasmus de doutoramento en s’Hertogembosch e Maastrich, e licenciado pola Universidade de Salamanca. Fai exposicións dende 1989, especialmente de gravado, pero ten obra noutros xéneros artísticos.



