A Campaña de Nadal da ABE vén este ano cargada de premios e novidades

05 Decembro 2023

A patronal boirense (ABE) presentou este 5 de decembro a Campaña de Nadal da asociación, que comeza este martes 5, precisamente, e que se alongará no tempo até ben entrado xaneiro: o día 15. No acto participou o presidente da ABE, Daniel García, acompañado do concelleiro de Comercio e Economía, Roberto Lojo. Respecto do programa de actividades da campaña, serán variadas e diversas, aínda que compartindo o obxectivo común de dinamizar o tecido comercial, social e cultural de Boiro nestas datas sinaladas ao tempo que se captan e manteñen clientes (entregaranse premios á fidelización). Haberá sorteos, agasallos e actividades varias.

A primeira peza da campaña será un sorteo de 2.000 € en bonos ABE e 4 lotes de produtos da Praza de Abastos de Boiro, como novidade faranse 3 sorteos durante o Nadal e un sorteo final o día 15 cun premio de 1.000 € para afrontar da mellor maneira a costa de xaneiro.

Sorteo 1 – día 22 decembro (Tíckets rexistrados do 5 ao 21 de decembro): 1 premio de 250€, 1 premio de 150€, 1 premio de 100 € e 2 lotes de produtos da Praza de Abastos.

Sorteo 2 – luns 8 de xaneiro (Tíckets rexistrados do 22 de decembro ao 7 de xaneiro): 1 premio de 250€, 1 premio de 150€, 1 premio de 100 € e 2 lotes de produtos da Praza de Abastos.

Sorteo 3 – Costa de xaneiro – luns 15 (Tíckets rexistrados do 5 de decembro ao 14 de xaneiro): 1.000€ único gañador.

Para participar os clientes deben rexistrar os seus tíckets ou facturas de compra na web da ABE, www.abe.gal. Os tíckets do 5 ao 21 de decembro participan no sorteo 1, os tíckets do 22 de decembro ao 7 de xaneiro participan no sorteo 2 e todos os tíckets do 5 de decembro ao 14 de xaneiro participan no sorteo final da costa de xaneiro do día 15.

A ABE lembra que todos os tíckets e facturas que se rexistren durante a campaña tamén acumulan o 10% do seu importe para cambiar por agasallos do catálogo de premios da ABE.

En paralelo ao sorteo os negocios asociados entregarán gratuitamente aos seus clientes 2.000 bolsas de algodón orgánico, que contan coa etiqueta de comercio xusto fairtrade (comercio sustentábel e xusto), serigrafadas a dúas cores co lema da patronal, o seu xa icónico #SOMOS BOIRO. As bolsas poderanse conseguir dende este martes 5 de decembro até esgotar existencias.

Outra novidade importante deste ano é a instalación dun photocal e unha caixa de correo diante da Praza de Abastos. Trátase dunha lona e un tótem de mais de 2 metros na que as familias poden facerse fotos e depositar as cartas para Papa Noel e os Reis Magos. Con todas as cartas depositadas ata o 5 de xaneiro realizarase un sorteo de 3 lotes de xogos. As cartas pódense recoller en calquera dos negocios participantes ou ben descargar e imprimir na casa dende a web da ABE (abe.gal).

Campaña #RegalaBoiro

Non sabes que regalar? Regala Boiro! Este é o lema da campaña de promoción dos bonos regalo ABE para este Nadal. O obxectivo é que “tanto os veciños como as empresas utilicen os bonos da ABE para agasallar aos seus seres queridos ou no caso das empresas utilizalos como aguinaldo festivo”.

Os bonos son unha caixa personalizada que dentro inclúe vales de compra de 5€ e un listado de mais de 200 socios da ABE onde se poden gastar.

Podemos elixir a cantidade do bono que mercamos, sempre en múltiplos de 5 €

Cando se recibe o regalo só hai que utilizar os vales coma se foran billetes en calquera dos mais de 200 negocios asociados; dende téxtil, calzado, deportes e regalo a alimentación, praza de abastos, hostalería e gasolineira ou mesmo servizos coma masaxes, dentista ou fotografía.

Poden mercarse nas oficinas da ABE facendo a reserva por teléfono, mail, web ou de maneira presencial.

Os bonos non teñen caducidade e o seu uso repercute no pobo.

Colaboración con AGADEA

Como complemento á campaña, AGADEA (Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer) regala a cada comercio participante uns fermosos traballos manuais elaborados polas persoas usuarias nos seus obradoiros de laborterapia. Esta campaña ten como obxectivo colaborar na sensibilización sobre o alzhéimer.

A Campaña do Nadal está financiada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Boiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.