A axenda de Nadal de Outes comeza coa estrea de “O péndulo” (este sábado) e o prendido das luces (o xoves 7)

01 Decembro 2023

O tenente alcalde e concelleiro de Festas de Outes, Anxo Núñez Fernández, presentou na mañá deste venres 1 de decembro a programación de Nadal do Concello. Trátase, dixo, “dun programa amplo e diverso, con teatro, cinema de Nadal, concertos, un concurso de decoración, a cabalgata dos Reis e, por primeira vez, unha festa de acendido de luces ornamentais”. A axenda comeza este sábado coa obra de teatro O péndulo e rematará o 5 de xaneiro coa cabalgata dos Reis Magos.

Segundo indicou, a gran novidade deste ano é a festa de prendido das luces de Nadal, que virá con música ao vivo e está prevista para o vindeiro xoves, 7 de decembro, ás 19:00 horas na praza de Galicia. Contarase con cantos de Nadal da man da agrupación Jaitas Blue. Tamén, por primeira vez, adicaranse dúas xornadas ao cinema de Nadal.

Na decoración deste ano colaboraron entidades sociais como ADISBISMUR ou a Asociación A Misela, ás cales decorarán as rúas e espazos públicos do concello. Tamén participaron as alumnas do obradoiro municipal de traballos manuais, que fixeron 50 coroas de Nadal co lema deste ano (Nadal enOutes!) que se repartiran aos distintos establecementos comerciais xunto con outras decoracións que tamén figurarán nos edificios municipais.

Como novidade, o concurso de decoración de Nadal deste ano contará con dúas categorías distintas: establecementos comerciais e particulares. As inscricións serán presenciais na casa do concello do 1 ao 22 de decembro.

En canto á decoración, este ano apostouse por unha estratexia distinta de distribución dos elementos decorativos por todo o concello. Como elementos centrais habilitarase na praza de Galicia cun xardín efímero cheo de motivos de Nadal e unha estrela fugaz de 9 metros de alto por 12 de longo e que contará con 15.000 luces LED. Tamén se vai recuperar a tradición de colocar unha árbore de Nadal, desta volta unha árbore de luces LED de 8 metros de alto na praza do Bosque. Ademais, contarase con dous photocalls no Freixo e na Ponte Nafonso. Haberá iluminación e elementos decorativos nas diversas parroquias do concello.

O tenente alcalde aproveitou a ocasión para desexar unhas boas festas a toda a veciñanza e convidar aos cidadáns e visitantes a desfrutar de todos os actos culturais e públicos así como a facer consumo de proximidade no comercio local de Outes.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.