O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este xoves eleccións para o domingo 18 de febreiro de 2024 en Galicia.
Na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, Rueda explicou que o vindeiro martes, día 26 de decembro, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará o decreto coa convocatoria.
“Estas eleccións quedan convocadas unha vez que están aprobados os orzamentos para 2024”, destacou Rueda, que sostivo que “a boa marcha de Galicia non se vai a interromper”.
Rueda despexou deste xeito a incógnita sobre a data na que serán os comicios, os primeiros aos que concorrerá como candidato do Partido Popular á Presidencia da Xunta tras a marcha de Alberto Núñez Feijóo a Madrid para liderar o Partido Popular.




