A comarca continuará baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais que darán paso a ceos despexados en xeral, con nubes de estancamento no norte de Lugo. Temperaturas sen cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente leste, moderados no litoral norte e frouxos no resto.
O luns regresan as chuvias. Durante a vindeira semana perderemos a influencia anticiclónica polo que novamente teremos a visita das borrascas. Semella que non serán moi activas, pero si suficientes para deixarnos chuvias, que a partir do martes poderían ser bastante xeneralizadas. En canto ás temperaturas, suavizaranse as mínimas, que non serán tan baixas como en xornadas anteriores. A cambio as máximas descenderán.

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 1 a 2 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



