Unha persoa faleceu e outras dúas resultaron feridas a causa dunha colisión en Boiro

25 Novembro 2023

Ás nove da noite deste venres, produciuse un grave accidente na autovía de Barbanza, o cal acabou coa vida dun home residente de Ribeira. No incidente víronse involucrados varios vehículos, pero o máis afectado foi un Ford Focus no que viaxaba a vítima mortal xunto a unha acompañante. O 112 Galicia recibiu un aviso por unha colisión entre dous vehículos na AG-11, ao paso polo concello de Boiro, en sentido Ribeira.

As causas do accidente parece ser tivo lugar cando un automóbil comezou a adiantar ao Ford Focus e houbo un choque entre ambos que ocasionou que o condutor deste último perdese o control do vehículo, o cal envorcou sobre a estrada. Nese momento, unha furgoneta que circulaba pola vía non puido esquivar ao Focus e impactouno violentamente.

Inmediatamente acudiron ao lugar do accidente, no quilómetro 27 da AG-11 en dirección a Ribeira, os bombeiros de Boiro, persoal do servizo de emerxencias 061, a Policía Local de Boiro e a Garda Civil de Tráfico. A vítima quedou atrapada dentro do coche, aínda con vida, pero lamentablemente entrou en parada cardíaca mentres era asistida polos equipos de emerxencia e os intentos do persoal sanitario por reanimala resultaron infrutuosos, confirmando finalmente o seu falecemento.

A muller que viaxaba como acompañante logrou saír do vehículo polos seus propios medios e recibiu atención médica, mentres que os ocupantes dos outros vehículos resultaron ilesos.

Para proceder ao seu rescate, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Boiro e tamén dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Mais nada puideron facer por salvar a vida desta persoa. Ademais, outros dous implicados necesitaron asistencia médica, aínda que só un foi evacuado ao Hospital do Barbanza. 

Igualmente, neste operativo, participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Os equipos de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestructuras ocupáronse de restablecer as condicións de seguiridade na vía. 

O accidente tivo lugar en Boiro, no comezo da subida de Lampón, e afectou o tráfico na estrada principal de Barbanza, xa que os vehículos ocupaban parte da calzada. Os equipos de emerxencia lograron habilitar un carril para permitir o paso dos vehículos, pero a circulación aínda é lenta nestes momentos.

Bombeiros de Boiro

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.