“Testosterona” de Malasombra Producións chega o vindeiro sábado a Porto do son

03 Novembro 2023

O vindeiro 11 de novembro (sábado) ás 20.00 horas a Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller a representación da peza teatral Testosterona, de Malasombra Producións e dirixida por Xoque Carbajal. Será a partir das 20.00 horas na dita localización.

Trátase dunha obra para público adulto (de máis de 16 anos) que nos conta a historia do director dun importante medio de comunicación que debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores. Unha é muller, home o outro.

Xoque Carbajal adapta neste espectáculo a obra Testosterona da escritora mexicana Sabina Berman. Trátase dunha comedia que fala da desigualdade laboral por cuestión de sexo.

A entrada é libre.

O elenco está formado por Luis Iglesia e Camila Bossa.


Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.