Segundo o BNG de Rianxo perderonse xa tres subvencións no que vai de mandato de Rianxo en Común

16 Novembro 2023


O grupo municipal do BNG de Rianxo pedirá explicacións no vindeiro pleno sobre as tres axudas perdidas polo Concello neste semestre de goberno en solitario de Rianxo en Común.
En primeiro lugar por non completar supostamente, tal e como aparece no DOG deste xoves 16 a unha convocatoria de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneration EU.
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sostén que non se enmendou por parte do Concello unha axuda destinada a melloras no Punto Limpo Municipal.
A segunda delas, segundo o BNG rianxeiro, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático establecera a concesión de axudas a entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento do proxecto PIMA (Plan Impulso Medio Ambiente) para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático. Iniciados os trámites polo goberno anterior co que se acordara un proxecto para a reforma da zona exterior da Escola de Buía, a Xunta refire no DOG que o actual goberno de RC non emendou en prazo e/ou forma debida o requirido, polo que salvo recurso esta axuda vóvese perder.
En terceiro lugar segundo os nacionalistas sumase a xa coñecida axuda da Secretaria Xeral do Deporte, concedida e non iniciada, pola que deixan sen construír a pista de pádel, que preferiron ao proxecto dunha pista multideporte no Colexio Brea Segade de Taragoña.
O BNG quered que se lles dea resposta e se tomen medidas para ser máis eficaces e non seguir a perder axudas. Entre outras a que máis nos preocupa: o non inicio das obras no Pazo de Martelo. En xogo máis dun millón de euros en axuda ministerial á rehabilitación deste Ben de Interese Cultural que alberga a nosa Biblioteca. Os prazos seguen avanzando.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.