Rosa Barcala González, Cetárea Angel Mar e Coaxial recollen os Premios ABE 2023

18 Novembro 2023

A Pousada da Galicia Imaxinaria foi o lugar elixido para celebrar a gala dos premios ABE, uns galardóns que recoñecen a labor dos empresarios da localidade e que congregaron 200 invitados amosando, unha vez mais, o poder de convocatoria da patronal Boirense.

O evento, conducido pola actriz, monologuista e presentadora Marta Doviro desenvolveuse con ritmo áxil nun contexto desenfadado no que o humor da condutora puxo a nota de cor a velada.

O acto deu comezo co discurso de benvida do presidente da ABE, Daniel García, que quixo comezar facendo balance do ano destacando “os 14 novos socios que se incorporaron a ABE” e amosouse especialmente orgullos da xestión de axudas e subvencións para os socios nas que “realizamos 276 asesoramentos que se traduciron en 421.200 euros en axudas directas para as empresas asociadas”

Aproveitando que na sala encontrábanse 200 invitados, moitos deles empresarios quixo poñer en valor o fito histórico que supuxo para a ABE “poñer en marcha un sistema de fidelización que xa conta con 2.326 usuarios e mais e 27.000 tíckets rexistrados, facer con cargo a fondos propios a campaña de bonos negocios 10 e ser a 1ª asociación en ser admitida no pacto pola xeracion dixital do goberno de España e no pacto polo clima da xunta de Galicia” para finalizar explicou que a ABE este ano “batemos todos os récords de participación en campañas vía web, en premios entregados con mais de 15.000 € e de persoas premiadas con mais de 400”

Neste punto a presentadora tomou de novo a dirección do acto e mesturando con contos , anécdotas e monólogos entregáronse os tres premios da noite.

En primeiro lugar o de mellor comercio que foi para Cetárea Angel Mar “unha empresa familiar adicada á venda de pescado e marisco galego dende 1998. A cetárea situase en Triñáns (Boiro), en pleno corazón da Ría de Arousa, e dende os inicios caracterízanse por ser unha empresa que aposta pola innovación ao distinguirse da competencia pola estabulación de bivalvos en circuíto pechado, sen necesidade de captar auga directamente do mar.” Recolleu o premio Angel Mariño e Carnicería Moncho Boga foron os encargados de entregalo como gañadores do pasado ano.

Tras agradecer o premio Angel Mariño, visiblemente emocionado, foi a quenda da mellor empresa galardón que recaeu en Coaxial empresa que da servicio e asesoramento profesional dende 2015 en áreas de telecomunicacións, electrónica e electrodomésticos, recolleron o premio Jorge a Angel os propietarios da empresa e os encargados de entregalo foi o equipo de A Terraza do Furancho empresa gañadora do premio o pasado ano.

Para a entrega do premio de honra o presidente da ABE volveu a subir ao escenario e xunto coa presentadora fixeron un breve repaso á traxectoria da homenaxeada “O establecemento abriu as súas portas no ano 1968, da man do marido de Rosa, Agustín Teixeira, que desgraciadamente falece no ano 1992, quedando dende ese momento o negocio a cargo exclusivo de Rosa, quen levaba traballando nel, desde o ano 1987.

Rosa, compaxinou a súa labor empresarial coa de voluntariado, comezando no ano 1993 a dirixir grupos familiares en Proxecto Home. Tras anos facendo este labor, non ano 2008 foi elixida presidenta dá Asociación de familias de Proxecto Home Galicia, labor que levou a cabo ata este ano 2023.

Actualmente, se ven xubilouse este ano, segue mantendo a dirección do negocio, o cal xa desenvolve a seguinte xeración, os seus fillos José Luis e Marieta, achegando a modernización tanto en maquinaria, cando falamos do taller, como en redes sociais e métodos de venda actuais”

Recolle o premio Rosa Barcala González e o entrega o presidente da ABE, Daniel García que lle entrega o micro a un emocionada Rosa que aproveita para “agradecer a ABE o premio e compartilo coa familia e amigos dos que nos rodeamos durante tantos anos de traxectoria”

A gala remata coa intervención do Tenente Alcalde de Boiro, Luís Ruiz, que destacou “a labor da ABE na promoción económica do concello” e “o traballo dos empresarios premiados a prol da economía local” e un divertidísimo monologo de Marta Doviro con canción incluida que deu paso aos pinchos para rematar cunha sesión guateque e unha degustación de mojitos.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.