Rosa Barcala González, Cetárea Ángel Mar e Coaxial, Premios ABE 2023

07 Novembro 2023

Finalizado o prazo para que os socios e socias da patronal boirense (ABE) escolleran aos gañadores dos premios deste ano, a asociación de empresarias e empresarios destacou “a altísima participación xa que foron batidos todos os récords do certame con 696 votos”. No capítulo de curiosidades, a ABE salienta que na categoría de mellor comercio ata 59 empresas diferentes recibiron votos e na de mellor empresa 67.

Na categoría de mellor comercio o gañador desta edición foi Cetárea Angel Mar, unha empresa familiar adicada á venda de pescado e marisco galego dende 1998.

Segundo explica a ABE, a cetárea situase en Triñáns (Boiro), en pleno corazón da Ría de Arousa, e “dende os inicios caracterízanse por ser unha empresa que aposta pola innovación ao distinguirse da competencia pola estabulación de bivalvos en circuíto pechado, sen necesidade de captar auga directamente do mar, deste modo a depuración non require da utilización de produtos químicos, xa que combina varios sistemas de esterilización (raios ultravioleta, carbón activo, filtros biolóxicos…) para a separación das impurezas ata chegar ao paso máis innovador que é a esterilización con ozono”.

Na categoría de mellor empresa a gañadora foi Coaxial, empresa que dá servizo e asesoramento profesional dende 2015 en áreas de telecomunicacións, electrónica e electrodomésticos. “Realizan dende traballos técnicos domésticos ata infraestruturas complexas coas mellores marcas do mercado e sempre atentos as novidades que este ofrece”, destaca a patronal, lembrando que a súa política de traballo basease “na profesionalidade, eficiencia e garantía de resultados”, asegurándose que os clientes “sexan atendidos de maneira rápida e eficaz facendo un seguimento continuo en cada intervención buscando sempre a súa máxima satisfacción”.

Premio de honra

Está é unha categoría introducida hai dúas edicións: un premio que decide a xunta directiva da asociación e que trata de poñer en valor a traxectoria dunha persoa empresaria na que a súa xestión representara un exemplo para os emprendedores da localidade e que a empresa que lidera tivera unha traxectoria destacada.

Nesta edición o galardón recaeu en Rosa Barcala González, empresaria propietaria da Xoiería e Reloxeria Teixeira.

O establecemento abriu as súas portas no ano 1968, da man do marido de Rosa, Agustín Teixeira, que desgraciadamente falece no ano 1992, quedando dende ese momento o negocio a cargo exclusivo de Rosa, quen levaba traballando nel, desde o ano 1987.

Rosa, compaxinou o seu labor empresarial co de voluntariado, comezando no ano 1993 a dirixir grupos familiares en Proxecto Home. Tras anos facendo este labor, non ano 2008 foi elixida presidenta da Asociación de familias de Proxecto Home Galicia, labor que levou a cabo ata este ano 2023.

Actualmente, se ben xubilouse este ano, segue a manter a dirección do negocio, o cal xa desenvolve a seguinte xeración, os seus fillos José Luis e Marieta, achegando a modernización tanto en maquinaria, cando falamos do taller, como en redes sociais e métodos de venda actuais

A directiva argumentou os seguintes motivos para a elección deste gañador:

Pola súa ampla e contrastada traxectoria empresarial ao fronte dun dos comercios con mais tradición da localidade.

Pola súa contribución ao desenvolvemento económico do pobo.

Pola súa vertente social ao colaborar con diferentes entidades e proxectos de voluntariado.

Pola súa capacidade de traballo, esforzo e adicación ao negocio.

Gala de entrega de premios

A gala terá lugar o vindeiro venres 17 de novembro a partir das 20:30 hs na Pousada da Galiza Imaxinaria. A presentación do acto recaerá na actriz, monologuista e presentadora Marta Doviro. A entrada é exclusivamente con invitación e contaremos con photocall, musica, pinchos, coctelería e sobre todo a presenza do tecido empresarial boirense no que será a festa das empresarias e empresarios locais.

Outros artigos

Sábado seguen os chuvascos e a temperatura mantense

O sábado seguiremos con chuvascos xeneralizados localmente acompañados de saraiba, perdendo frecuencia e intensidad co paso das horas. Durante á tarde achegarase unha fronte que deixará precipitacións en todo o territorio. As temperaturas mínimas non sufrirán cambios...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...