Ribeira concentrouse por un transporte público digno

26 Novembro 2023

Ao redor de cen persoas concentraronse este domingo na praza do Concello de Ribeira para demandar á Xunta as medidas adecuadas para contar cun servizo público digno de transporte de autobuses. A plataforma recentemente constituída para loitar por este obxectivo encargouse de organizar a protesta, na cal catro persoas tomaron a palabra para ler un manifesto no que enumeraron todas as deficiencias que sofren a diario: “Queremos saber onde están as paradas, porque en moitas delas non hai nin sinalización. Queremos que se cumpran os horarios e que sexan visibles”, explicaron, ao mesmo tempo que demandaron máis autobuses e suficientes prazas para satisfacer a demanda existente, de maneira que ninguén teña que viaxar de pé. “Queremos que haxa máis frecuencias de autobuses, especialmente nalgunhas parroquias, e unha mellor coordinación dos horarios”.

A continuación, varios usuarios tomaron a palabra, relatando os seus problemas co transporte público, cuxo incumprimento dos horarios levoulles a perder citas médicas, chegar tarde ao traballo ou ter que levar aos seus fillos aos colexios e institutos porque o autobús non chegaba. Incluso a responsable dunha empresa de turismo explicou que tivo que facer de taxista para os seus clientes, xa que non había frecuencias para que puidesen desprazarse a varios puntos da comarca.

Na concentración participaron representantes de varios colectivos de Ribeira, como Mulleres en Loita, así como de asociacións de pais de alumnos. Tamén houbo representación institucional, xa que o evento contou coa participación do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e do resto dos membros do equipo de goberno, así como do alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, e os deputados nacionalistas Rosana Pérez e Paulo Ríos.

Fotos: Cambiemos Ribeira

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.