Ribeira instalará nova iluminación para aumentar a seguridade do carril bici á altura da praza Heroínas de Sálvora

27 Novembro 2023

O Concello de Ribeira vén de adxudicar o proxecto de subministro e instalación das novas luminarias do carril bici do porto, concretamente na contorna da avenida do Malecón e a súa confluencia coa praza Heroínas de Sálvora e a entrada do porto pesqueiro. O orzamento de licitación ascende a 64.170,99 e executarase nun prazo de 20 días.

Segundo informa o Concello, esta actuación está encamiñada a “fomentar o uso seguro dos carrís bici existentes” e “a mellorar a visibilidade desta zona tan transitada; permitindo que condutores, peóns e ciclistas vexan claramente a contorna”. O reforzo lumínico consistirá en 4 columnas dotadas de 15 proxectores con ópticas LED.

Este proxecto está incluído dentro das actuacións EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020, co-financiado con fondos FEDER no marco do programa operativo de crecemento sustentábel 2014-2020.

“Unha iluminación axeitada crea un ambiente máis seguro e reconfortante para a veciñanza e para os visitantes” explicou o rexedor Luís Pérez, engadindo que “unha boa iluminación facilita a identificación de obstáculos, sinais de tráfico e cruces, reducindo así o risco de accidentes.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.