Ribeira inaugura este venres o alumeado de Nadal con concertos e ruadas

20 Novembro 2023
Francisco Suárez-Puerta e Genoveva Betanzos nunha imaxe de Alba Cambeiro (Concello de Ribeira)

Os edís Francisco Suárez-Puerta e Genoveva Betanzos presentaron este luns 20 de novembro a axenda relacionada co alumeado de Nadal do Concello de Ribeira, que porá o foco dunha maneira especial en dinamizar o comercio local. Segundo confirmaron, o alumeado realizarase o venres 24 de novembro ás 18.30 na praza do Concello e estará amenizado por un concerto de Leite con Galletas.

Amais, “co propósito de dinamizar o comercio local neste Black Friday” celebrarase unha chocolatada tamén na praza do Concello ás 19 horas.

Posteriormente inaugurarase o Belén do Malecón, no que estivo traballando o alumnado de carpintería da UAD durante as últimas semanas, tamén amenizado pola charaganga BB+, que se desprazará polas rúas de Ribeira “co propósito de animar á veciñanza a consumir nos establecementos da cidade e do concello”, segundo explicou o concelleiro Suárez-Puerta, que tamén destacou que este ano, “como novidade”, instalarase unha gran coroa de 6 metros na praza do Concello, unha campá xigante de 9 metros no Malecón, unha pirámide na praza de España, e outros elementos decorativos como photocalls.

O día 1, ademais, procederase o alumeado en tódalas parroquias, onde se instalarán árbores naturais nas distintas igrexas e capelas decoradas; así como teitos luminoso e outros elementos decorativos para tódalas rúas.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.