Reactívase o proxecto do Parque da Idade de Ferro e incorpórase Dodro

21 Novembro 2023

O consello do proxecto do Parque da Idade de Ferro, do que forma parte a Deputación da Coruña xunto cos concellos de os concellos de A Pobra, Rianxo, Ribeira, Boiro e Porto do Son, así como persoal técnico, reuniuse a pasada semana no Centro de Interpretación do Castro de Baroña (Porto do Son).

Na xuntanza participaron representantes dos ditos concellos do Barbanza e máis o deputado de Contratación, Patrimonio, e Equipamentos, Xosé Lois Penas. A xornada de traballo serviu para reactivar todo o traballo a desenvolver ao arredor do parque arqueolóxico e marcar o camiño a seguir durante os próximos catro anos.

No transcurso da reunión aprobouse a incorporación do concello de Dodro como “membro de pleno dereito”, o que, sinalaron, implicará unha modificación do convenio e a súa nova aprobación no pleno de todas as administracións. Así, unha vez adherido Dodro, configurarase un novo consello asesor.

Ademais, valorouse a posibilidade de que o parque exerza de impulsor da comarca, a nivel social, cultural, patrimonial e turístico, poñendo o foco nos castros e a súa protección, posta en valor e investigación científica, para, informaron os participantes, “convidar a que outros elementos asociados ao patrimonio converxan en torno ao parque e axuden a unha maior valoración, se cabe, de todo o patrimonio arqueolóxico das comarcas e concellos integrados no mesmo”.

Como próximos pasos para impulsar e visualizar o proxecto acordouse, ademais, a posta en marcha dunha serie de accións como guías, audiovisuais e imaxe corporativa do parque destinada a dar a coñecer o potencial do mesmo.

Ademais, axendouse unha xuntanza de seguimento para o primeiro trimestre do 2024, e abordouse a necesidade de marcar obxectivos de traballo, cuantificalos e medir os resultados, como unha das prioridades desta nova etapa do Parque da Idade de Ferro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...