Proseguen en Boiro este mércores as actividades do programa Muller e Saúde (e do 25N)

14 Novembro 2023

O Concello de Boiro leva semanas poñendo o foco na igualdade, no feminismo e na loita contra as agresións, a través do programa de charlas, talleres e relatorios Muller e Saúde. Sen ir máis lonxe, este 15 de novembro organiza o obradoiro Que é a violencia de xénero, como detectala e como erradicala? Será este 15 de novembro ás 18.00 horas, no Centro Social de Boiro.

Ao abeiro do dito programa, o vindeiro mércores 22 de novembro, en horario de tarde (de 17.00 a 20.00 horas), celebrarase un taller sobre Manexo de estrés e ansiedade. Será, tamén, no Centro Social.

Ademais, Boiro participa na campaña De Fronte contra a violencia de xénero, da Deputación da Coruña, xunto outros concellos da nosa comarca, como por exemplo Outes, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. A campaña De Fronte inclúe este ano unha xira polos concellos que pon o foco na mocidade, achegándolle obradoiros para identificar e combater as violencias machistas en contextos de lecer e ocio nocturno. Destes obradoiros sairán varias micro pezas dixitais en formato stop motion que a área de Igualdade da Deputación irá pendurando na Rede. O obradoiro de Boiro foi o 11 de novembro e contou coa colaboración do colectivo local Turbina.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.