“Preocupación na patronal pesqueira CEPESCA pola remuda xeracional no sector” – Antón Luaces

09 Novembro 2023

Non é a primeira vez que se formula esta queixa e preocupación no sector da pesca en España e, en particular, en Galicia; pero a alta taxa de abandono dos estudos e que os titulados opten por outras ramas profesionais afonda, segundo a patronal CEPESCA, na falta de remuda a bordo. O 33% dos traballadores do sector pesqueiro ten entre 50 e 59 anos e o 8% está ás portas de xubilación. Esta situación leva a preocupación ao seo de CEPESCA. A inexistencia desa remuda é un dos principais retos que afronta o futuro da pesca en España, un dos Estados membros da UE no que atinxe ao número de mariñeiros aquí enrolados e procedentes de Iberoamérica e África e, obviamente, como país pesqueiro.

A frota leva anos denunciando esta situación, pero ata o de agora non se dou un paso avante para poñer remedio á mesma. Considérase que é unha estratexia para non mellorar a situación dos mariñeiros actualmente contratados; pero a propia frota é a que agora pon en marcha accións conducentes a mellorar a percepción social  dese sector como unha saída profesional con plenas garantías e estabilidade.

Malia todo, a sombra das xubilacións sen relevo media na pesca: os últimos datos de afiliación ao Réxime Especial do Mar (REM) indican que o colectivo de profesionais do sector que ten entre 50 e 59 anos xa representa o 33% do total.

A Confederación Española de Pesca, Cepesca, amosa a súa preocupación ante o avellamento dos traballadores e “a escasa remuda xeracional que se albisca a medio prazo”, o que fai que solicite ás administracións públicas -tanto nacional como autonómicas- que “tomen conciencia desta situación”.

Após o grupo de 50 a 59 anos, segundo os datos do Instituto Social da Mariña (ISM) difundidos por Cepesca, o tramo de 40 a 49 anos representa o 31% dos traballadores, e os comprendidos entre os 30 e os 39 anos aglutina o 19% do total. O 72,2% son maiores de 40 anos, mentres que só  o 9% dos traballadores do mar é menor de 30 anos. 

CEPESCA incide en que o groso de traballadores a bordo sitúase nun tramo de idade de 40 a 64 anos e, en concretro, o 8% deles están a piques da xubilación. A patronal fala das boas condicións laborais da pesca, cun traballo duro pero “ben pagado” e sen visos de remuda. Entende asimesmo que o que cobra de media un tripulante dun barco de gran altura “supera con creces o salario mínimo interprofesional e os buques son cada vez mellores”. Non obstante, engade, “enrolar tripulantes españois entrana dificultades”.

O secretario xeral de Cepesca, Javier Garat, reclama a implicación das administracións que sexan conscientes da ameaza que representa o avellamento do sector pesqueiro para a súa supervivencia e a modernización de España e demanda aos organismos públicos o traballo conxunto cos armadores, as escolas náutico-pesqueiras e os axentes sociais “para dar pulo á remuda xeracional” e que nen un só barco deba permañecer amarrado por falta de tripulación. 

Outros artigos

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...

+

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

+

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Rosmando”. Xulio Xiz

Rosmando”. Xulio Xiz

Sorprendeu Democracia Orensana neste 18F entrando no Parlamento de Galicia por unha porta pequena cun resultado grande. Sorprendeume ver por Televisión a Jácome - do que a pesar de dedicarse á televisión local polo que tiña que caerme simpático, pode máis en...